Sunday 12 de May de 2024

Alumnos das escolas infantís e dos centros de primaria celebrarán a Día da Árbore


O Concello de Riveira vai celebrar un ano máis co gallo do inicio da primavera o Día da Árbore. Nesta ocasión, haberá dous tipos de conmemoracións: unha para os colexios de Primaria do municipio e outro destinada ás garderías e escolas infantís.

Así, o vindeiro martes 29 farase entrega dende a administración local aos centros educativos das distintas parroquias árbores ou plantas ornamentais (camelios, metrosideros, plátanos, prunos….) para que estes á súa vez as planten na súas respectivas contornas ese mesmo día ou nas xornadas vindeiras.

San Roque
En segundo lugar, os pequenos que asisten ás garderías e escolas infantís do municipio participarán o sábado día 2 de abril nunha plantación no parque periurbano de San Roque, tal e como se vén desenvolvendo nas últimas edicións.

Esta actividade dará comezo a partir das 11 horas. Cada neno recibirá un piñeiro xoven para que o planten coa axuda dos seus pais, mentres que os profesores encargaranse de dúas árbores de maior envergadura.

A celebración, na que haberá monitores de tempo libre, finalizará cunha actuación contacontos.

A programación está promovida dende a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Elvira Pereira.